COGAMI e Fundación Mª José Jove abren inscricións para asistir a Aprendendo a inbcluir. III Xornada sobre Discapacidade

COGAMI e Fundación Mª José Jove abren inscricións para asistir a Aprendendo a inbcluir. III Xornada sobre Discapacidade

A Fundación María José Jove e COGAMI organizan por terceiro ano consecutivo "Aprendendo a Incluír. III Xornada Discapacidade", unha xornada de sensibilización, desde unha perspectiva práctica, sobre a realidade da inclusión.Celebrarase o 9 de abril e, nesta edición, centrarase no deporte como vía de inclusión.

O programa consta de dúas partes: unha sesión matinal pechada a centros educativos e outra de tarde aberta ao público, cunha entrada de balde previa inscrición en www.fundacionmariajosejove.org.

Na sesión matinal participará o alumnado de 6º de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal, que terá a oportunidade de escoitar aos deportistas Alberto Seoane, paralímpico na disciplina de tenis de mesa, e Senén Álvarez, surfista. Ambos compartirán as súas experiencias sobre como o deporte foi para eles unha vía de inclusión.

Na sesión da tarde, que será aberta ao público e terá lugar en horario de 17:30 a 19:00 horas, Alberto Seoane relatará a súa experiencia deportiva, pero tamén a súa traxectoria profesional como economista. A continuación, celebrarase unha mesa redonda con testemuños prácticos do propio Alberto, acompañado por Xabier Casal, responsable de Actividade Física Saudable da Fundación María José Jove; José R. López Gacio, profesor de judo e pai dunha moza con discapacidade; e Juan Miguel Díaz Vázquez, profesor de Educación Física.