COGAMI e o Concello de Ames alíanse para a mellora na atención de persoas discapacidade deste municipio

Durante este ano, COGAMI desenvolveu un programa de atención a persoas con discapacidade no Concello de Ames para dar resposta ás demandas das persoas con discapacidade deste concello que limita con Santiago.

A través deste programa, que contou coa financiación do municipio, ofreceuse información, asesoramento e orientación, ademais de realizar un servizo de acompañamento e apoio tanto dirixido ás persoas con discapacidade como ás súas familias. Outros dos servizos realizados foron de  intervención social e a súa conseguinte evolución, ademais de realizar coordinación cos recursos da comunidade específicos a persoas con discapacidade.

As accións levadas a cabo por este programa de atención desenvolvéronse coa finalidade de mellorar a participación social das persoas con discapacidade de Ames, potenciar a súa autonomía e tamén abrirlles camiño de cara á inserción laboral.

Este programa de atención a persoas con discapacidade no Concello de Ames beneficiou a un total de 9 persoas do municipio.

Galería de imaxes

Todas