COGAMI e o Concello de Pereiro de Aguiar reforzan a súa colaboración a favor das persoas con discapacidade

A coordinadora de COGAMI en Ourense, Mónica Limia, acompañada da traballadora social Eva Vázquez, mantiveron unha xuntanza coa coordinadora de Servizos Sociais do Concello de Pereiro de Aguiar, Ana Labrador, á que se incorporou o alcalde, Luis Menor. Durante o encontro, COGAMI presentou os servizos que ofrece na provincia a favor das persoas con discapacidade, servizos que o consistorio xa coñece grazas á relación directa que manteñen con esta entidade dende hai anos.

Na reunión, ambas institucións acordaron dar continuidade á colaboración que veñen mantendo, comprometéndose as traballadoras sociais municipais a derivar a COGAMI ás persoas usuarias que poidan beneficiarse dos programas de Promoción da Autonomía Persoal, Formación e Emprego. Ademais, planificouse a realización de charlas de sensibilización nos centros escolares e veciñais do municipio, así como o lanzamento de accións formativas enfocadas ao voluntariado nos próximos meses.

Galería de imaxes

Todas