COGAMI finaliza en A Coruña o curso de actividades auxiliares de almacén dirixido a mozos e mozas con discapacidade

COGAMI finaliza en A Coruña o curso de actividades auxiliares de almacén dirixido a mozos e mozas con discapacidade

Despois de tres meses de asistencia a clases, COGAMI remata o curso de Actividades auxiliares de almacén ao que asistiron mozas e mozos de entre 18 e 29 anos procedentes dos concellos de A Coruña, Arteixo e Betanzos.

Esta formación estivo enmarcada nas axudas económicas para a selección de operacións para o reforzo da empregabilidade para persoas con discapacidade “Un a un” 2023-2024 cofinanciadas por Fundación Once e Fondo Social Europeo+ 2021-2027. "Unha Europa máis social e inclusiva", para os programas: Programa FSE+ de Emprego Xuvenil 2021-2027 e Programa FSE+ de Inclusión Social Garantía Infantil y Loita Contra a Pobreza 2021-2027.

O curso contou cunha duración de 290 horas nas que se prepararon módulos sobre operacións auxiliares de almacenaxe, preparación de pedidos, manipulación de cargas con carretillas elevadoras, busca de emprego, alfabetización dixital e formación no posto de traballo. Este último módulo práctico foi preparado na planta loxística da empresa multinacional Inditex durante 100 horas

O alumnado que asistiu a esta formación tiña que cumprir os requisitos como estar en posesión do certificado de discapacidade cun grao do 33% como mínimo e estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a través desta preparación preténdese dar resposta a unha demanda real de auxiliares de almacén e ofrecer oportunidades laborais.