Co fin de mellorar a empregabilidade de persoas con discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) iniciou en Ourense unha das accións formativas previstas dentro do programa Máis Emprego 2026, impulsado pola Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo Plus (FSE+).
A formación, de Control de accesos, conta coa participación de 10 persoas, 1 muller e 9 homes, procedentes dos concellos de Barbadás, Ourense, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Castrelo de Miño e Celanova.
Este curso, de carácter teórico e cunha duración de 20 horas, estase impartindo nas instalacións de Delta PC, situadas na rúa Curros Enríquez, 18 (Ourense), en horario de 09:30 a 13:30 horas.
A formación ten como obxectivo dotar ao alumnado das competencias e coñecementos necesarios para desempeñar tarefas relacionadas co control de accesos, facendo uso dos instrumentos e tecnoloxías máis actuais neste ámbito.
Coincidindo co inicio desta formación, COGAMI avanza tamén a planificación de vindeiros cursos previstos para o primeiro semestre do ano, entre as que destacan:
Todas estas formacións están dirixidas a persoas con certificado de discapacidade ou incapacidade laboral que se atopen en situación de demandantes de emprego. As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información ou inscribirse a través do correo electrónico silourense@cogami.gal ou no teléfono 988 24 60 57.