COGAMI inicia en Vigo un curso de alfabetización dixital no que se forman oito persoas con discapacidade

COGAMI inicia en Vigo un curso de alfabetización dixital no que se forman oito persoas con discapacidade

Podes descargar a nota

As instalacións que COGAMI ten en Vigo, no baixo do número 15 da rúa Teixugueiras, acollen un curso de Alfabetización Dixital, dirixido a rachar coa fenda dixital e a capacitar ás persoas con discapacidade no manexo das TIC.

Esta formación iniciouna un grupo formado por oito persoas, 2 homes e 6 mulleres, procedentes dos concellos de Vigo, Tui e Redondela, todas co certificado de discapacidade do 33% como mínimo, ou co certificado de  incapacidade laboral para profesión habitual.

As clases teñen unha duración total de 60 horas lectivas, sendo impartidas en horario de 9 a 15 horas e luns a venres. Nelas abordaranse diversos módulos sobre internet, procesador de textos e folla de cálculo, rematando a finais do mes de xuño.

Esta formación está financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional y Deportes a través de COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica), e da que COGAMI forma parte, e dentro das Actuacións dirixidas á atención de persoas con discapacidade adultas con NEE 2023-24.

Formacións como esta que imparte COGAMI teñen como obxectivo impulsar a inserción sociolaboral a través da adquisición de coñecementos e habilidades que favorezan a inserción ao mercado laboral. Todas as persoas que iniciaron o curso están apuntadas na bolsa de emprego de COGAMI.

Galería de imaxes