COGAMI iniciou en O Barco de Valdeorras un curso sobre Manexo de Maquinaria de Manutención (Carretilla Elevadora. Esta formación, de 25 horas de duración, impártese nas instalacións do Centro de Formación Amicar e conta cunha parte teórica de 9 horas en O Barco e unha parte práctica de 16 horas nas pistas situadas en A Rúa.
Cunha duración que se estenderá ata o 25 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 horas, eneste curso participan un total de 11 persoas (2 mulleres e 9 homes), todas elas posuidoras dun certificado de incapacidade laboral recoñecida ou de discapacidade. O alumnado procede dos concellos de O Barco de Valdeorras e Rubiá.
Esta formación impártese a través de Inserta Empleo de Fundación ONCE coa cofinanciación do Ministerio de Traballo e Economía Social e os Fondos Europeos, co obxectivo de mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade a través da cualificación en sectores con demanda.