COGAMI inicia programa para o empoderamento de mulleres do rural da provincia de Pontevedra


Baixo o título Activando o Rural: o empoderamento das mulleres con discapacidade, COGAMI inicia un programa dirixido a mulleres con discapacidade que viven en zonas rurais da provincia de Pontevedra.

Financiado pola Deputación de Pontevedra, no marco da subvención para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero, a través deste programa preténdese empoderar a mulleres que estean nunha situación de especial vulnerabilidade por diversos factores de desigualdade.

Durante a selección de candidatas para formar parte do programa, priorizarase naquelas mulleres que viven en situación de especial vulnerabilidade, que están en situación de desemprego ou que contemplan dificultades adicionais de inserción debido a circunstancias persoais ou familiares.

Activando o Rural utilizará unha metodoloxía baseada en itinerarios personalizados, na que se incluirán tanto a resolución de consultas especializadas no eido da discapacidade como intervencións básicas de traballo social e información sobre recursos e servizos dispoñibles. Ademais, contará con intervención xurídica especializada e o desenvolvemento de obradoiros.

Galería de imaxes

Todas