COGAMI pon en marcha en Lugo un curso Actividades administrativas na relación co cliente (nivel 2). Dirixida a persoas desempregadas e que teñen recoñecido o grao de discapacidade ou incapacidade laboral para a profesión habitual, esta formación está enmarcada no Plan Formativo para o Emprego que cofinancian a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
O curso impartirase nas oficinas de COGAMI en Lugo (Rúa da Luz, 4, polígono de Fingoi) e terá unha duración de 448 horas lectivas, iniciándose o 12 de febreiro e finalizando o 28 de xullo. Para participar, ademais de contar co certificado de discapacidade ou incapacidade laboral, é necesario dispoñer da titulación en ESO ou equivalente ou ter completado un curso de nivel 1 da rama administrativa.
Entre os módulos ofertados inclúense:
Gravación de datos (90 horas)
Xestión de arquivos (60 horas)
Inglés profesional para a xestión administrativa na relación co cliente (90 horas)
Ofimática (190 horas)
Formación para a igualdade (8 horas)
Inserción laboral, sensibilización medioambiental e igualdade de xénero (10 horas)
As persoas interesadas poden optar por realizar todos os módulos ou escoller de forma individual aqueles que máis se axusten ás súas necesidades.
Para inscribirse ou obter máis información, pódese contactar coa oficina de COGAMI en Lugo por mail sillugo@cogami.gal ou chamando ao teléfono 982 253 332.
Con esta iniciativa, COGAMI busca mellorar a empregabilidade das persoas que forman parte da bolsa de emprego e facilitarlles o acceso ao mercado laboral a través dunha preparación técnica e transversal adaptada ás esixencias actuais do sector.