O Espazo Xove do Concello de Carballo acolleu un obradoiro sobre a importancia das habilidades sociais dende unha perspectiva práctica. Desenvolvido por COGAMI e COCEMFE, esta actividade está enmarcada no proxecto de Promoción da educación inclusiva, en equidade e de calidade para o alumnado con discapacidade.
Financiada polo Plan de Prioridades de Fundación ONCE, esta iniciativa contou coa participación de nove persoas e centrouse en comprender a relevancia das habilidades sociais para desempeñar un rol axeitado e potenciar as relacións entre individuos, así como identificar áreas persoais de mellora.