COGAMI en colaboración con COCEMFE realizou unha xornada de sensibilización na que participaron 102 alumnas e alumnos dos cursos de 1ºA e B, 2º A e B e 4ºA e B do CEIP Illa Verde de Lugo.
Durante esta xornada de sensibilización, pretendeuse normalizar a discapacidade a través de xogos e actividades participativas como unha xincana inclusiva en cadeira de rodas e con produtos de apoio, contacontos, pinturas con adaptacións, ademais de compartir a través dunha persoa voluntaria con discapacidade visual como desprazarse e como cruzar a co manexo do bastón.
As profesionais do proxecto de educación inclusiva de COCEMFE, Nuria Ruiz, e a traballadora social de COGAMI en Lugo, Carla Fernández, estiveron acompañadas de 5 persoas voluntarias de COGAMI, todas estudantes para seren docentes.
Tras esta xornada de sensibilización xurdiu que o alumnado de 4º curso visitará o centro de COGAMI en Lugo para interpretar panxoliñas tradicionais dentro dun proxecto que desenvolve o centro escolar.