COGAMI remata curso impartido en Ourense de competencia matemática

Despois de asistir durante un mes a clases, COGAMI remata o curso de Competencia Matemática Nivel 2 que impartiu nas instalacións que ten en Ourense. Nesta formación participaron 10 persoas, e as oito que a superaron, teñen a validación a efectos laborais de Graduado en ESO para poder optar a outras formacións do Plan AFD de Nivel 2.

Este curso forma parte da programación denominada AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas), cofinanciada pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

O alumnado, procedente dos concellos de Ourense, Barbadás, A Merca, Baños de Molgas e San Cibrao das Viñas tivo que superar as 138 horas lectivas repartidas nos módulos de matemáticas, inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero e tamén en formación para a igualdade.

Todo o alumnado deste curso de Competencia Matemática conta con certificado de discapacidade ou cunha incapacidade laboral para profesión habitual que concede a Seguridade Social e, a maior parte, chegou a esta formación con intención de reciclarse e reorientar a súa vida profesional.

Galería de imaxes

Todas