COGAMI remata unha nova edición do programa En-Red-Arte que contou con 70 participantes


COGAMI remata a edición deste ano do programa En-Red-Arte, unha iniciativa que iniciou en 2015 co propósito de achegar a cultura ás persoas con discapacidade mediante actividades formativas e vivenciais.

Na edición deste ano contou coa participación de catro entidades- ADISBISMUR, ÁMBAR, ALGARIA e ASEARPO- ademais dos centros de atención diúrna de COGAMI en Ferrol e Medelo (Silleda). En total participaron 70 persoas usuarias destas asociacións e centros.

Financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, o programa En-Red-Arte  incluíu obradoiros de creación plástica e artes escénicas a través dun obradoiro de estampaxe impartido nas entidades ADISBISMUR e ASEARPO; un obradoiro de expresión corporal realizado en ÁMBAR; outro de teatro radiofónico desenvolvido no centro de Ferrol; en ALGARIA o obradoiro foi de barro fino; en Medelo participaron nun de tatuaxe e en ASEARPO o obradoiro foi de estampaxe de plantas secas.

Este programa ten por finalidade fomentar a inclusión cultural, a través dunha programación deseñada para estimular a creatividade, o sentido crítico e a curiosidade artística das persoas participantes, facilitando a súa formación e o acceso a distintas disciplinas culturais.

Galería de imaxes

Todas