COGAMI, unha das 11 entidades sociais coas que o Concello de Bergondo asinou un convenio de colaboración

O Concello de Bergondo celebrou un acto de formalización dos convenios de colaboración e protocolos de actuación con entidades sociais que desenvolven actividades dentro do municipio. Unha das once entidades que asistiron foi COGAMI, representada polo vicepresidente, Ramón Sestayo, o coordinador da oficina en A Coruña, Roberto Camba, e Yolanda Grandal, a orientadora laboral da área de Emprego que se despraza para atender ás persoas usuarias da zona.

Durante o acto, ademais de dar a coñecer os proxectos que os diferentes organismos congregados desenvolven en Bergondo, tamén se impulsaron iniciativas conxuntas entre as propias asociacións dirixidas a persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade. Segundo datos aportados poa alcaldesa, Alejandra Pérez, o municipio de Bergondo destina 63.500 euros para apoiar programas sociais, e expresou que “o terceiro sector desenvolve un papel fundamental na transformación e o progreso da comunidade. Estas entidades sociais abordan retos complexos, pois os problemas sociais non paran de medrar e cada vez élles máis complicado facer o seu labor”.

Ademais de COGAMI e a súa entidade membro Párkinson Galicia-Coruña, o resto de asociacións que asistiron foron Anhida Coruña, APEM, TP Galicia, Dismacor, Aspace, Aspadisol, Fundación Mujeres, Mirabal, Afaco,

Galería de imaxes

Todas