COGAMI unha das entidades que defenderon no Senado un plan de acción a favor da muller con discapacidade para a próxima década

O Senado do Goberno de España acolleu o acto O futuro que queremos!, celebrado pola Fundación CERMI Mulleres para avaliar os 10 anos de conquistas e reivindicacións das mulleres e nenas con discapacidade.

A este evento, que contou co respaldo de 300 mulleres con discapacidade procedentes de diferentes comunidades estatais, asistiron mulleres representando a COGAMI, Juani Tubío, membro da xunta directiva, quen foi acompañada de dúas mozas usuarias da Organización, Sonia Rey Porto e María Miramontes Alfonso.

Neste día dende as entidades que acudiron baixo o paraugas do CERMI trasladáronse asuntos clave para unha vida digna en igualdade de dereitos e oportunidades das mulleres e nenas con discapacidade. O documento presentado é un chamamento ao movemento da discapacidade, ao movemento feminista, ao dos dereitos humanos, a responsables da política e ás administracións públicas.

 

Galería de imaxes

Todas