A Casa da Cultura do Concello de Xinzo de Limia acolleu a II edición do Torneo Igualitario de Xadrez Xaque ao Emérito, celebrado pola asociación ALGARIA. Dende diferentes lugares de Galicia e Portugal chegaron as trinta e oito persoas apuntadas para participar na xornada, unha cantidade que incrementou a da edición anterior.
Dende a entidade, o seu presidente, Óscar Pena, agradeceu a participación de todas as persoas dicindo que “estamos encantados que veña xente de fóra a participar pero nos gustaría que para a próxima edición se apuntara máis xente da comarca porque é a quen representamos”.
O torneo constou de dúas categorías, unha de adultos e outra infantil, cada unha coas súas conseguintes gratificacións para as tres primeiros postos de clasificación: ademais da entrega de trofeos houbo unha entrega de vales por valor de 200 euros para a primeira clasificación; 100 euros para a segunda e 50 euros para a terceira persoa clasificada. Estes vales poden ser cambiados en negocios asociados á Asociación Comercio PROLIMIA, entidade que colabora no desenvolvemento deste torneo. Tamén trasladan os parabéns a Medrade, Armando e Charli, primeiro, segundo e terceiro clasificados en adultos, e a Tristán, Pura e Pablo, os tres primeiros clasificados en menores.
Dende ALGALIA queren agradecer a todo o comercio da zona, a Joaquín do Liceo e a Melisa Gómez da entidade por involucrarse e permitir que saíra adiante esta edición do torneo grazas ás súas colaboracións. Agardan facer unha terceira edición para a derradeira semana do mes de xuño de 2025.