A Fundación María José Jove, COCEMFE e COGAMI volveron organizar conxuntamente a xornada de sensibilización “Aprendendo a Incluír”, sendo este ano a cuarta edición celebrada baixo o título “Da educación ao emprego: construíndo oportunidades reais”.
Nesta edición as días entidades poñen o foco no acceso ao emprego das persoas con discapacidade e na transición do ámbito educativo ao mercado laboral, tendo en conta que só tres de cada dez persoas con discapacidade logra o acceso a un emprego.
Como nas edicións anteriores, a sesión matinal contou coa asistencia de alumnado do CPR Agarimo, do CEE Nosa Señora do Rosario e de Down Coruña, sendo unha xornada máis práctica, de posta en valor dos talentos persoais.
Mediante dinámicas participativas, realizáronse exercicios de autocoñecemento e actividades guiadas para recoñecer intereses, habilidades e capacidade no ámbito académico e na vida cotiá.
A sesión da tarde contou coa plena asistencia de público para que tivo a oportunidade de escoitar historiais reais sobre inclusión de persoas con discapacidade.