Éxito de asistencia na xornada Aprendendo a incluír organizada por COGAMI e Fundación Mª José Jove

Éxito de asistencia na xornada Aprendendo a incluír organizada por COGAMI e Fundación Mª José Jove

Preto de 200 persoas entre escolares do CEIP Isidro Parga Pondal, IES Sabón de Arteixo, a Universidade Laboral de Culleredo e público en xeral asistiron ás xornadas Aprendendo a incluír. III Xornada Discapacidade: o deporte, unha vía de inclusión, organizadas por Fundación María José Jove e COGAMI.

Este encontro serviu para escoitar as experiencias de dúas persoas con éxitos nas disciplinas deportivas que practican: Alberto Seoane, deportista paralímpico campión de tenis de mesa, e Senén Álvarez, surfista. Os dous trasladaron as súa experiencia como deportistas profesionais, con múltiples campionatos ganados e tamén as súas experiencias persoais e de superación.

Nesta xornada, que presentou a técnica de Educación de COGAMI e COCEMFE, Marcia Vásconez, tamén participaron José R. López Gacio, profesor de judo dunha nena con discapacidade; Juan Miguel Díaz Vázquez, profesor de Educación Física e Xabier Casal, responsable de Actividade Física Saudable da FMJJ.

Galería de imaxes