O servizo de Formación de COGAMI impartiu un módulo formativo de Prevención de Riscos Laborais nas instalacións que a Confederación ten en Ourense no que participaron 9 persoas.
Esta acción formativa, financiada por Inserta- Fundación ONCE e dirixida a persoas con discapacidade ou incapacidade laboral para a profesión habitual desempregadas, enmárcase nun itinerario formativo composto por dous módulos: un de Prevención de Riscos Laborais e outro de Manexo de Maquinaria de Manutención.
Este curso tivo unha duración de 30 horas, e incluía un programa de contidos relacionados coa seguridade e a saúde no traballo, riscos xerais e a súa prevención, riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade da empresa, así como elementos básicos de xestión da prevención de riscos.
Coa finalidade de mellorar a cualificación profesional das persoas participantes e incrementar as súas oportunidades de acceso ao mercado laboral traballarase coas persoas participantes na busca activa de emprego, contactando e visitando empresas da comarca para favorecer a inserción laboral do alumnado participante.