Finaliza o módulo formativo Manexo de Maquinaria de Manutención impartido por COGAMI en O Barco de Valdeorras

O servizo de Formación de COGAMI impartiu un módulo formativo de Manexo de Maquinaria de Manutención en O Barco de Valdeorras no que participaron 9 persoas.

Esta acción formativa, financiada por Inserta- Fundación ONCE e dirixida a persoas con discapacidade ou incapacidade laboral para a profesión habitual desempregadas, enmárcase nun itinerario formativo composto por dous módulos: un de Prevención de Riscos Laborais e outro de Manexo de Maquinaria de Manutención.

Este curso tivo unha duración de 25 horas, e incluía un programa de contidos relacionados coa saúde laboral, a manutención, a tipoloxía e partes da maquinaria, conceptos de física e contorna de traballo, así como normas de manexo e condución.

Coa finalidade de mellorar a cualificación profesional das persoas participantes e incrementar as súas oportunidades de acceso ao mercado laboral, traballarase coas persoas participantes na busca activa de emprego, contactando e visitando empresas da comarca para favorecer a inserción laboral do alumnado participante.

Galería de imaxes

Todas