Galicia supera os 4,7 millóns de euros de recadación na Casilla Empresa Solidaria do Imposto de Sociedades en 2025, o terceiro incremento máis alto de España

En 2025, Galicia superou os 4,7 millóns de euros de recadación na Casilla Empresa Solidaria, un 53,6 % máis que o ano anterior. O seu crecemento é o terceiro máis alto de España, por detrás de Cantabria e Comunidade Valenciana.

Máis de 23.200 empresas galegas marcaron a Casilla, un 20 % máis que na campaña anterior, elevando a participación ao 23,8 % do tecido empresarial galego. Se todos as persoas contribuíntes obrigadas a presentar o Imposto de Sociedades (empresas, autónomos, cooperativas, etc.) marcaran este a Casilla, recadaríanse case 20 millóns de euros máis.

Durante o ano 2025, entre X Solidaria do IRPF e do Imposto de Sociedades desenvolvéronse un total de 812 programas de interese xeral, xestionados por 175 entidades do Terceiro Sector e cun financiamento por importe de 34.331.785,90 euros. Son programas dirixidos a mellorar a calidade de vida das persoas, que fomentan a autonomía e participación comunitaria, a inclusión sociolaboral, o envellecemento activo, a participación activa da vida política e pública, a conciliación e mediación familiar, por exemplo.

Ata o 25 de xullo abre o prazo para presentar o Imposto de Sociedades, oportunidade para marcar a Casilla que se atopa no punto de fins sociais: a Casilla 00073 do modelo 200 e a Casilla ou casa 069 do modelo 220.

Marcar a Casilla de Empresa Solidaria permite destinar o 0,7 % do Imposto de Sociedades a fins sociais. Trátase dun xesto voluntario e sen custo, que non implica pagar máis nin recibir menos na devolución, e que contribúe a financiar proxectos sociais e co que as persoas participantes poden solicitar o seu Selo Empresa Solidaria, que acredita e visibiliza o seu compromiso social.

A Casilla Empresa Solidaria: medrando dende os seus inicios

A evolución de Galicia enmárcase no crecemento sostido da Casilla Empresa Solidaria en toda España. A nivel nacional, a iniciativa alcanzou en 2025 un novo máximo histórico, con case 125 millóns de euros recadados. Non obstante, aplicando un 0,7 % á recadación do imposto de sociedades prevista polo Ministerio de Facenda, se todas as empresas marcasen a Casilla Empresa Solidaria na declaración deste tributo en España o máximo importe que se podería obter nesta campaña sería de 295 millóns de euros.

En 2025 máis de 373.000 empresas en España marcaron a Casilla no seu imposto de sociedades. Estas cifras representan un incremento interanual do 44,3 % en recadación e do 20,4 % en número de empresas participantes. Coa recadación das campañas Casilla Empresa Solidaria e X Solidaria do IRPF de 2024, en 2025, financiáronse 1.296 proxectos desenvolvidos por 344 entidades sociais a nivel estatal. A nivel autonómico, en 2024, financiáronse 9.829 proxectos, desenvolvidos por 3567 entidades.

Galería de imaxes

Todas