Iniciamos eDuinclusivA, un proxecto que promove a educación inclusiva en Galicia

Co obxectivo de formar e sensibilizar á comunidade educativa sobre a importancia dunha educación inclusiva e accesible, COGAMI pon en marcha o Proxecto eDuinclusivA. Impulsada por COCEMFE, esta iniciativa está financiada a través das subvencións do 0,7% do IRPF do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, así como polo Plan de Prioridades da Fundación ONCE.

EDuinclusivA busca xerar espazos de aprendizaxe que favorezan a participación de todo o alumnado, independentemente das súas capacidades. Para iso, este proxecto está dirixido a todas as persoas que conforman a comunidade educativa, dende o persoal docente ata profesionais non docentes vinculados ao ámbito educativo ademais de familiares do alumnado.

A través de formacións e accións de sensibilización, o proxecto contribuirá a eliminar barreiras e a garantir unha educación de calidade para todas as persoas.




Galería de imaxes

Todas