Máis de 24 mil persoas resultaron beneficiarias do convenio de atención a persoas con discapacidade e familias de COGAMI en 2024

Máis de 24 mil persoas resultaron beneficiarias do convenio de atención a persoas con discapacidade e familias de COGAMI en 2024

COGAMI implementou durante o ano 2024 un completo programa de Atención a Persoas con Discapacidade e ás súas Familias (APDF), a través do convenio de colaboración establecido coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia. Dotado cun orzamento de 993.312 euros, este convenio ten como obxectivo principal apoiar o mantemento de COGAMI e das súas entidades asociadas, ademais de financiar actividades que promoven a inclusión, autonomía e calidade de vida das persoas con discapacidade.

Un total de 24.180 persoas resultaron beneficiarias deste convenio que abrangue servizos e áreas de actuación como: información asesoramento e orientación; intervención social; promoción da autonomía persoal; formación e intermediación laboral; sensibilización e concienciación; voluntariado, lecer e apoio ao movemento asociativo 

Programas desenvolvidos co convenio APDF:

O programa de Información, Asesoramento e Orientación: foi o prorama que rexistrou maior número de intervencións ao atender 1.960 persoas, acadando a provincia de A Coruña a maior taxa de intervencións con 930, seguidas pola de Pontevedra con 537, Lugo con 276 e Ourense con 217 intervencións. En materia de accesibilidade, resolvéronse 38 consultas.

Intervención Social: este servizo que busca promover a igualdade, a integración e o desenvolvemento individual, baixo un modelo de atención centrado na persoa, beneficiou a 237 persoas.

A través do programa de Prevención da Dependencia e Autonomía Persoal realizáronse actividades como fisioterapia e ximnasia, coordinadas polas entidades membro ADAPTA e AMICO.

Este convenio tamén inclúe o servizo de Formación, que ofreceu cursos como un de informática á carta, que contou coa participación de 20 persoas, e o servizo de Intermediación laboral ao que se incorporaron 927 persoas. Inseríronse laboralmente 1.435 persoas con discapacidade.

Sensibilización: impartíronse charlas de prevención de lesión medular, charlas sobre aspectos psicolóxicos da discapacidade e realizáronse xornadas de concienciación e normalización. Beneficiáronse destas actividades 899 persoas.

Voluntariado: A entidade conta cunha rede de máis de 100 persoas voluntarias que colaboran en actividades continuadas ou puntuais.

Lecer: Programas como o Lecer Náutico e o proxecto GAVEA beneficiaron a 182 persoas procedentes das 60 entidades integrantes de COGAMI.

Apoio ao movemento asociativo: Xestionáronse 93 solicitudes, maioritariamente de entidades situadas en zonas urbanas (60 %).

Todos estes programas incidiron nun impacto positivo para as máis de 24 mil persoas con discapacidade e familias que fixeron uso destes servizos que desenvolve COGAMI co fin de mellorar a súa autonomía persoal.