Máis de 80 persoas atendidas polo Servizo de Inclusión e Transición ao Emprego de COGAMI en 2024

Máis de 80 persoas atendidas polo Servizo de Inclusión e Transición ao Emprego de COGAMI en 2024

COGAMI desenvolveu ao longo de 2024 o Servizo de Inclusión e Transición ao Emprego, unha iniciativa destinada a mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade en Galicia. Este servizo, implantado en Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo e Vigo, permitiu que máis de 80 persoas recibisen unha atención individualizada, adaptada ás súas necesidades e e capacidades individuais.

A través deste programa, realizáronse diagnósticos personalizados, deseño de itinerarios de inserción, seguimento e avaliación de plans individuais. Ademais, ofreceuse un acompañamento social e laboral e desenvolvéronse accións específicas para reforzar as competencias persoais e profesionais das persoas participantes.

Este servizo é posible grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia, a través da convocatoria de subvencións para programas de interese xeral con fins sociais, financiados polo 0,7% do IRPF. Esta contribución procede das persoas que, ao facer a declaración da renda, marcan a opción da X Solidaria, permitindo que proxectos como este sigan adiante.

Con este tipo de iniciativas, COGAMI segue traballando cara a unha sociedade máis inclusiva, facilitando o acceso ao emprego e promovendo a autonomía das persoas con discapacidade.