Máis de trescentas persoas participaron nalgunha das actividades de lecer programadas por COGAMI

Máis de trescentas persoas participaron nalgunha das actividades de lecer programadas por COGAMI

Co fin de promover o lecer e deporte entre o grupo social das persoas con discapacidade, dende COGAMI organízase e promóvese unha oferta de actividades adaptadas ás necesidades das persoas mediante unha metodoloxía participativa, activa, dinámica e aberta.

En 2023 COGAMI desenvolveu un total de 26 actividades de lecer nas que participaron 334 persoas usuarias das entidades membro. Unha destas actividades foi a conmemoración do Día da Fundación Decathlon, unha xornada multideportiva que xuntou a 169 persoas usuarias de centros de atención diúrna das entidades membro ADISBISMUR, AMARAI, MISEELA, ÍNTEGRO, AVANTE e ASPAMITE

O programa de lecer náutico desenvolvido no RCN de Sanxenxo trata de achegar o deporte da vela ás persoas con discapacidade, ao mesmo tempo que se comporta como un programa de respiro familiar, con formación pola mañá e con actividades de turismo e culturais polas tardes. Contou con 5 quendas nas que participaron 93 persoas procedentes das entidades membro de COGAMI como: ACEM Coruña, ÍNTEGRO, ADISBISMUR, AMARAI, AIXIÑA, ALGARIA, AVANTE, AVEMPO, ACEM Compostela e os centros de recursos de Monteporreiro, Medelo e Mos de COGAMI.

No programa GAVEA de Galicia de Vela Adaptada foron 73 persoas as que puideron experimentar a navegación no veleiro Laion, incautado ao narcotráfico e cedido en garda e custodia a COGAMI para achegar a navegación a todo tipo de persoas. Neste proxecto, participaron persoas usuarias do proxecto innovador do CEGADI, das entidades membro ADISBISMUR, ALCER Coruña, AMARAI, ACEM Coruña, AVANTE, AIXIÑA, INTEGRO, Federación Discafis COGAMI e o centro de recursos de COGAMI en Medelo.

Por último, o programa de Lecer tamén xestionou a participación no programa ENKI Galicia con carácter lúdico e deportivo que se celebra na cidade da Coruña.

Galería de imaxes