Máis de trinta persoas con amputación beneficiáronse do programa de Fisioterapia da asociación AGAPA

Máis de trinta persoas con amputación beneficiáronse do programa de Fisioterapia da asociación AGAPA

A  Asociación Galega de Persoas Amputadas (AGAPA) vén de finalizar o seu programa de Rehabilitación dirixido a persoas amputadas, no que participaron un total de 31 persoas usuarias da entidade ao longo deste ano.

Financiado por Fundación ONCE a través do Plan de Prioridades, este proxecto centrouse na prestación dun servizo de apoio especializado para mellorar a autonomía das persoas amputadas. Entre os principais obxectivos do programa destacan a recuperación da mobilidade articular, o apoio no proceso de cicatrización, a corrección da marcha e a intervención en posibles contracturas musculares.

A edición deste ano do programa xa rematou, pero AGAPA anima a todas as persoas interesadas en participar na iniciativa para o ano 2025 a contactar coa asociación. Pódense solicitar máis información a través do correo electrónico info@agapa.gal ou do teléfono 618 978 254.

AGAPA reafirma o seu compromiso coas persoas amputadas en Galicia, ofrecendo servizos orientados a mellorar a calidade de vida e a integración destas persoas na sociedade.