A área de Emprego de COGAMI desenvolve para este ano 2024 un Programa Integrado de Emprego de Galicia para impulsar, favorecer e mellorar as condicións de empregabilidade das persoas con certificado de discapacidade recoñecida, dun mínimo do 33%, ou con incapacidade laboral para profesión habitual que concede a Seguridade Social.
Este programa, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Servizo Público de Emprego Estatal para incrementar a empregabilidade, conta coa participación de 100 persoas, 54 homes e 46 mulleres, todas inscritas na bolsa de emprego das oficinas que COGAMI ten en Ferrol, Ourense, Pontevedra e A Coruña. Nunha aposta pola formación como ferramenta base para lograr a inserción laboral, neste ano impartiranse 330 horas lectivas distribuídas en cursos con temáticas adaptadas ás necesidades das empresas e do mercado laboral, para que as persoas poidan inserirse na maior brevidade posible.
Rematada a formación teórica, o Programa Integrado de Emprego de COGAMI 2023-2024 contará con 50 horas de prácticas non laborais en empresas que permitirán que o alumnado coñeza as súas necesidades e que as empresas poidan comprobar como se desenvolve a persoa, podendo derivar nunha posible contratación.
Ademais da formación, realizaranse accións de información, orientación e asesoramento, técnicas de coaching, intelixencia emocional e motivación para a busca de emprego, habilidades sociolaborais e obradoiros para saber afrontar unha entrevista, o fomento da capacidade emprendedora e realizar prospección empresarial.
Un equipo técnico de inserción laboral formado por 4 profesionais atende ás 100 persoas seleccionadas da base de datos que a área de Emprego de COGAMI ten en Ourense, onde se seleccionaron 26 persoas: 2 do Concello de O Pereiro de Aguiar, 1 de San Cibrao das Viñas, 5 de O Barco de Valdeorras, 9 de Ourense, 2 de Xinzo de Limia, 1 de O Carballiño, 1 de Vilamartín de Valdeorras, 1 de Verín, 1 de Quintela de Leirado, 1 de Celanova, 1 de Barbadás e1 de A Merca.
Da oficina de COGAMI en A Coruña seleccionáronse 26 persoas: 11 persoas de A Coruña, 1 de Abegondo, 1 de Sada, 5 de Arteixo, 3 de Culleredo, 1 de Curtis, 3 de Cambre e 1 de Oleiros.
A área de Emprego de COGAMI en Pontevedra seleccionou a 23 persoas: 7 persoas do Concello de Pontevedra, 3 de Marín, 3 de Vilagarcía, 3 de Portas, 1 de Ponte Caldelas, 1 de Moraña, 1 de Vilaboa, 2 de Poio, 1 de Cambados e 1 de Vilanova.
A oficina de Ferrol seleccionou a 25 persoas inscritas na bolsa de emprego procedentes dos seguintes concellos da comarca: 7 persoas de Ferrol, 5 de Fene, 1 de Mugardos, 5 de Narón, 1 de Ares, 1 de San Sadurniño, 4 de Neda e 1 de As Pontes.
Todas estas persoas seleccionadas dentro do Programa Integrado son entrevistadas polo persoal técnico de inserción laboral para coñecer as súas capacidades e aqueles aspectos a traballar coa persoa candidata á hora de afrontar un posto de traballo.
O programa conta cun obxectivo de inserción que ten que ser como mínimo do 40% de participantes, unha porcentaxe que se superou na edición anterior, ao contabilizar o 58% de insercións.
FOTOS DE ESQUERDA A DEREITA:
David Dacal, técnico de inserción laboral de plan integrado Ourense
Eva Campos, técnica de iserción laboral do plan Integrado en Pontevedra
Laura Carbajal, técnica de inserción laboral del plan integrado en Ferrol
Rosa María Manteiga, técnica de inserción laboral do plan integrado en A Coruña