O centro de COGAMI en Medelo conta con catro vehículos de transporte adaptado que cobren rutas que superan os cen quilómetros diarios

A flota de vehículos de transporte adaptado do centro de día e ocupacional que ten COGAMI en Medelo, no Concello de Silleda, conta cunha flota de catro vehículos adaptados que realizan a diario rutas que superan a media de cen quilómetros na suma dos traxectos de ida e volta.

Un total de 26 persoas usuarias fan uso deste transporte que os traslada pola mañá ao centro e, cando remata a actividade, volven deixalas nas súas casas. Son tres rutas as que se realizan de luns a venres, sendo unha delas A Estrada e arredores-Cuntis, cunha distancia de 66km por traxecto; a segunda A Estrada-Forcarei-Silleda, 67Km por traxecto; e a terceira Lalín-Silleda-A Estrada-Vila de Cruces, cunha distancia de 64km traxecto.

Para as persoas usuarias do centro é imprescindible contar con vehículos que as trasladen, xa que a zona carece dun transporte adaptado público e non sempre as súas familias poden acompañalas. Por iso é necesario que centros como o de Medelo conten cunha flota de vehículos adaptados que, co movemento diario que teñen, necesitan ir renovando e actualizando. Unha das últimas adquisicións foi adquirida con fondos procedentes da Fundación ONCE e da Xunta de Galicia.

Galería de imaxes

Todas