O centro que COGAMI ten en Medelo organiza dúas charlas para explicar en que consiste a Lei 8/2021 do 2 de xuño que ten como obxecto reformar a lexislación civil e procesal para apoiar ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica.
A primeira charla vai ser impartida o luns, 8 de xullo, ás 11 horas na Sala de Exposicións de ABanca en A Estrada. Tamén ás 11 horas será a segunda charla que se impartirá o xoves, 11 de xullo, no Casa do Concello de Silleda. Ámbalas dúas están abertas a toda a cidadanía e contarán coa presenza de representantes dos servizos sociais dos dous municipios.
Que cambios trouxo no exercicio da capacidade xurídica das persoas con discapacidade a Lei 8/2021, de 2 de xuño, por que desaparecen figuras de apoio como a tutela, prodigalidade e patria potestade son algúns dos contidos que se van a tratar nestas xornadas. Tamén se exporán as situación na que quedan os apoios existentes e se falará sobre as figuras de apoio no sistema actual, como os que son sen proceso xudicial e as de apoio xudicial.