O centro de día de COGAMI en Fingoi reforza o apoio ás familias de persoas con discapacidade a través do Programa In-Itinere


O centro de atención diúrna que COGAMI ten en Fingoi, Lugo, está a desenvolver o Programa In-Itinere, unha iniciativa centrada en prestar apoio a familias que se atopan en situacións de especial vulnerabilidade ou dificultade social derivada da discapacidade. A través deste programa, financiado con fondos procedentes do 0,7% do IRPF que achegan das persoas que marcaron o recadro da X Solidaria na declaración da renda e que xestiona a Xunta de Galicia, unha psicóloga proporciona acompañamento e asesoramento individualizado ás familias das persoas usuarias do centro.

O obxectivo principal desta intervención é dobre: por unha banda, dotar ás familias das ferramentas necesarias para poder acompañar ás persoas con discapacidade nos seus domicilios; e, por outra, garantir a continuidade e coherencia do traballo que se realiza no centro tamén na contorna familiar.

Este apoio busca evitar retrocesos ou deterioros na autonomía e nas capacidades das persoas usuarias, ao tempo que contribúe a mellorar a xestión emocional e o benestar global das familias.

Galería de imaxes

Todas
|
COGAMI
|
Lugo
|
Programa In-itinere
|
Programa In-Itinere