O centro que COGAMI ten en Ferrol aposta pola eficiencia enerxética levando a cabo melloras cos fondos do IRPF

O centro que COGAMI ten en Ferrol aposta pola eficiencia enerxética levando a cabo melloras cos fondos do IRPF

Seguindo a estratexia de mellora da sostibilidade que pretende levar a cabo COGAMI, como así recolle o seu plan estratéxico para os vindeiros catro anos, de eficiencia enerxética e de respecto co medio ambiente os centros de recursos que a Organización ten están a realizar obras de mellora de eficiencia enerxética e de respecto co medio ambiente.

O último centro que se sumou a este cambio na mellora do gasto enerxético foi o de Ferrol, coa renovación de toda a luminaria do centro. Co obxecto de aumentar a luminosidade,  reducir o consumo para unha mellor produtividade, substituíronse todos os fluorescentes por iluminación led mellorando así a calidade da iluminación.

Son un total de 50 persoas que acoden a este centro situado na rúa Sánchez Calviño de Ferrol as que se benefician deste cambio pola eficiencia enerxética, na que se reforzaron os  puntos lumínicos máis débiles para crear un mellor ambiente de traballo.

Estes cambios foron posibles a través da financiación da Xunta de Galicia que xestiona os fondos do 0,7% do IRPF das persoas contribuíntes que marcaron o recadro de Actividades de interese social cando presentaron a declaración da renda, coñecida como a X Solidaria.