A asociación GRUMICO (Grupo de Persoas con Discapacidade de A Coruña) continúa co seu programa de Atención Especializada no que presta servizos de traballo social, fisioterapia, terapia ocupacional e psicoloxía co fin de mellorar a autonomía persoal e a independencia das persoas.
Un total de 70 persoas pasaron por este programa no que se traballa de xeito coordinado nas distintas disciplinas, sempre en continua comunicación coas persoas beneficiarias e baseándose nun modelo de atención centrado na persoa.
Este proxecto se desenvolve a través dos fondos que chegan do 0,7% do IRPF, de todas aquelas persoas contribuíntes que na declaración da renda marcaron o cadro 106 de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”, coñecido como X Solidaria, e que xestiona a Xunta de Galicia.