A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM) desenvolveu ao longo de 2025 un programa de atención social, asesoramento e intervención, dirixido á prestación do servizo de traballo social para persoas afectadas por esclerose múltiple. A iniciativa beneficiou a un total de 20 persoas, ofrecéndolles apoio especializado adaptado ás súas necesidades persoais e sociais.
A través deste programa, ACEM facilitou información e asesoramento sobre os diferentes recursos sociais existentes aos que poden acceder as persoas con esclerose múltiple, ao tempo que levou a cabo un seguimento individualizado mediante intervencións sociais nos casos nos que foi preciso. O obxectivo principal foi reducir as dificultades derivadas da enfermidade e favorecer a autonomía persoal, a inclusión social e a mellora da calidade de vida das persoas participantes.
Este programa levouse a cabo cos fondos que xestiona a Xunta de Galicia procedentes da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral con fins sociais, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF, coñecida como X Solidaria