O programa de atención social, asesoramento e intervención especializada de ACEM Santiago beneficia a 70 persoas con esclerose múltiple e párkinson

O programa de atención social, asesoramento e intervención especializada de ACEM Santiago beneficia a 70 persoas con esclerose múltiple e párkinson

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas (ACEM Santiago) fai balance do seu programa de Atención social, asesoramento e intervención especializada, un dos máis demandados polas persoas con esclerose múltiple e párkinson, e familias. 

A actuación deste programa beneficiou a 71 persoas durante o ano 2023, estando orientado á intervención psicolóxica para persoas con esclerose múltiple e párkinson, encamiñado a identificar e intervir nos distintos trastornos e proporcionando habilidades para o afrontamento do estrés e control da ansiedade, así como para detectar e procurar o cambio de pensamentos, crenzas erróneas e disfuncionais en torno ás enfermidades e as súas implicacións, ademais de ofrecer apoio, soporte verbal e información, mellorar a autoestima e motivar no establecemento e consecución de novas metas. 

Este programa foi posible coa cofinanciación da Xunta de Galicia a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF daquelas persoas que marcaron o recadro de actividades de interese social da declaración da renda.