O Programa de Cooperación permite a AGL contar con persoal para levar a cabo as funcións administrativas

A Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e outras Patoloxías Vasculares Periféricas (AGL) reforzou os seus servizos durante este ano 2026 coa incorporación de persoal a través do programa de Cooperación.

A entidade incorporou ao seu equipo profesional un perfil administrativo que permitiu fortalecer a atención social e avanzar no desenvolvemento doutros servizos, como o asesoramento e a intervención personalizada, a formación e información dirixida a profesionais do ámbito sociosanitario, así como as accións de visibilización, difusión e sensibilización.

A nova incorporación foi posible a través do Programa de Cooperación que financia a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que permite que entidades como AGL poidan contar con profesionais que aportan un importante apoio no desenvolvemento do traballo diario na prestación de servizos.

Galería de imaxes

Todas