Despois de tres anos en activo, o proxecto europeo ACT-INCLUSIVE: Inclusive Education in Action chega ao seu fin o 12 de novembro e faino cun peche que se realizará en Bruxelas que tamén se pode seguir en formato online, despois de inscribirse neste enlace https://easpd.eu/events-detail/inclusive-education-in-action-lessons-and-tools-from-the-act-inclusive-project/.
ACT-INCLUSIVE: Inclusive Education in Action, impulsado pola entidade EASPD e apoiada por entidades de varios países, entre elas COGAMI, e desenvolvido no marco da iniciativa Europea Erasmus+, busca avanzar na educación inclusiva, identificando boas prácticas innovadoras, ofrecendo ferramentas prácticas ao profesorado coas que poder traballar dentro das aulas e empoderando ao alumnado como parte esencial do proceso da inclusión.
Esta conferencia será un espazo para compartir experiencias, ferramentas e boas prácticas en educación inclusiva, dirixido a profesorado, profesionais da educación, responsables de políticas públicas e entidades sociais.
Durante a xornada presentaranse os principais resultados do proxecto ACT-INCLUSIVE, que inclúen:
• Un manual sobre educación inclusiva para docentes e equipos educativos.
• Unha "caixa de ferramentas" con actividades non formais para promover a inclusión.
• Un cómic sobre comunicación inclusiva nas aulas.
O evento contará con interpretación simultánea ao español, inglés, francés e esloveno, o que facilitará a participación de persoas e entidades de diferentes países.
A participación é gratuíta, pero é necesario rexistrarse previamente neste enlace https://easpd.eu/events-detail/inclusive-education-in-action-lessons-and-tools-from-the-act-inclusive-project/.