O servizo AUTONOMÍA + de COGAMI impulsa a independencia de persoas con discapacidade na comunidade


A área de Promoción da Autonomía Persoal de COGAMI traballa para sensibilizar, promover o cambio social e fortalecer as relacións humanas, coa finalidade de incrementar a autonomía e a independencia das persoas con discapacidade e das súas familias.

A través dunha metodoloxía de Atención Integral Centrada na Persoa, deseñan itinerarios personalizados de intervención coas propias persoas, adaptados aos seus proxectos de vida e ás súas necesidades na comunidade.

O servizo AUTONOMÍA +: Servizo transdisciplinar de apoio para persoas con discapacidade na consecución dos seus proxectos de vida na comunidade, ofreceu intervencións directas a 73 persoas usuarias, contabilizándose máis de 6.500 intervencións, 58 solicitudes tramitadas e 22 persoas que completaron con éxito o programa.

O impacto do proxecto tamén se estendeu ao movemento asociativo, con 22 entidades participantes e 369 persoas asistentes a sesións de transferencia da metodoloxía de intervención en distintos períodos.

Como destaca a usuaria Raquel Piñeiro, “Teño a oportunidade de sentirme partícipe nunha intervención personalizada adaptada ás miñas necesidades”, reflexando o valor da atención centrada na persoa.

O programa consolídase así como un recurso integral que promove a autonomía, a inclusión e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade na súa contorna.

Galería de imaxes

Todas