O voluntariado como motor do cambio social

O voluntariado como motor do cambio social

A Rede Lucense de Voluntariado, da que forma parte COGAMI, traballa dende hai 16 anos na promoción dun voluntariado comprometido que contribúa á mellora social. No Día Internacional do Voluntariado, o 5 de decembro,  esta Rede pon en valor a todas aquelas persoas voluntarias coas súas accións de carácter desinteresado e tan necesarias para moitas persoas receptoras deste voluntariado.

Entendendo o voluntariado como motor de cambio social e como recurso ao alcance de calquera que xera ilusión para a construción dunha sociedade máis xusta e solidaria. Este 5 de decembro, representantes das 16 entidades que forman a Rede Lucense de Voluntariado, entre estas COGAMI, saíron á rúa para reivindicar o cambio social.

A Rede Lucense (Reluvol) está integrada por 15 entidades do ámbito social (2023): Aliad Ultreia, AECC, Alume, Aspnais, AX Ateibo, Auxilia Lugo, Capaces, Cáritas Diocesana Lugo, Federación Cogami Lugo, Down Lugo, F. Dignidade, F. Juan Soñador, Fundación Secretariado Gitano, Raiolas e o Servizo de Participación da USC. Todas elas desenvolven programas de voluntariado a través dos cales dinamizan a participación da cidadanía lucense.