A traballadora social da Federación Alcer Galicia impartiu un obradoiro de formación e orientación sobre mediación, peticións e suxestións para todas as persoas e familiares con enfermidade renal crónica.
Marta Amigo Peón dou a coñecer habilidades e ferramentas de comunicación para afrontarse a escritos de reclamacións e suxestións como tamén de mediación familiar. Nesta mesma liña, realizáronse casos prácticos co fin de que as persoas participantes obtiveran maior autonomía.
Este obradoiro desenvolveuse no centro cívico de San Diego no Concello de A Coruña, cunha asistencia de 10 persoas e familiares con enfermidade renal crónica.