Os centros de COGAMI terán máis visibilidade trala adquisición de material audiovisual a través do IRPF

Os centros de COGAMI terán máis visibilidade trala adquisición de material audiovisual a través do IRPF

Unha comunicación máis inclusiva será posible nos centros de recursos que ten COGAMI en Mos, Monteporreiro, Medelo, Fingoi e Ferrol trala incorporación de material audiovisual que permitirá desenvolver obradoiros de vídeo e fotografía dirixidos a persoas con discapacidade.

A adquisición deste equipamento, posible coa financiación do 0,7% do IRPF das persoas que marcaron o recadro 106 de proxectos sociais na declaración da renda, e que xestiona a Consellería de Política Social e Xuventude, fará posible crear materiais que permitirán dar máis visibilidade á discapacidade ademais de sensibilizar e normalizar sobre esta condición.

Serán un total de cen persoas as que se beneficiarán desta adquisición entre as que se atopan unha cámara de vídeo, soportes e outros equipos de son e imaxe especializados que aportarán calidade e permitirán que a tecnoloxía se faga máis accesible ás persoas.