Párkinson Galicia Coruña pon en marcha un novo punto de atención en Culleredo

Párkinson Galicia Coruña pon en marcha un novo punto de atención en Culleredo

A asociación Párkinson Galicia-Coruña contará cun punto de información no municipio de Culleredo, co obxectivo de ampliar a atención, orientación e detección de necesidades ás persoas con párkinson e ás súas familias, especialmente no ámbito rural, onde o acceso a servizos especializados adoita ser máis limitado.

Esta iniciativa, que conta coa colaboración de Fundación “la Caixa” e do Concello de Culleredo, comezará a funcionar este luns, día 16 de marzo, cunha periodicidade quincenal no centro municipal da Escada, e ofrecerá asesoramento especializado, recursos sociosanitarios e posibles derivacións aos servizos da asociación.

O servizo prestarase os luns, en horario de 10:00 a 13:00 horas, e será necesario solicitar cita previa.

📞 981 241 100 / 618 950 128

📧 info@parkinsongaliciacoruna.org