A Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple (ACEM) realizou durante o ano 2023 o servizo de traballo social a través do programa de Atención Social, Asesoramento e Atención Especializada no que resultaron beneficiarias oito persoas con esclerose múltiple e alto grao de discapacidade.
Este servizo ofreceu información, asesoramento e axuda na tramitación de recursos aos que poden acceder a persoa con esclerose múltiple. Estas intervencións pretenden cubrir as necesidades das persoas socias da entidade e minimizar as dificultades que poida atopar no día a día, co fin de lograr unha mellora na calidade de vida.
O programa de atención social de ACEM Coruña contou co apoio da Xunta de Galicia a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo ao 0,7 % do IRPF.