Persoas usuarias do servizo de atención diúrna que COGAMI ten en Monteporreiro estrean obra de teatro

Persoas usuarias do servizo de atención diúrna que COGAMI ten en Monteporreiro estrean obra de teatro

Despois de tres meses de ensaios, de aprendizaxe dos papeis, de interiorizar o personaxe que tiñan que representar, o servizo de atención diúrna que COGAMI ten en Monteporreiro, en Pontevedra, estreou a obra de teatro O Doutor Ambrosio e as pacientes faranduleiras.

Esta obra contou coa participación de oito persoas usuarias do centro, Mª Jesús Redondo, Blanca Castro, Maria Piay, Aurora Bravo, Dyalis Mendoza, Luciano Martínez, José Marín e Guadalupe Fernández, todas e todos estiveron dirixidos porJosé Manuel Lareu, persoa voluntaria que dende hai anos colabora co centro de Monteporreiro.

As instalacións do Centro Cultural de Monteporreiro foi o espazo no que se representou a obra, tras unha cesión por parte da Asociación de Veciñas O Mirador, que trata dunha consulta médica pública, na que as veciñas do pobo, van ao médico para que este lles resolva as súas doenzas.

Cando rematou a obra, levouse a cabo a presentación do libro Que Miras? Escrito por Fernando Salgado e que contou coa súa protagonista, Susi Maquieira, muller con acondroplasia que relatou as súas vivencias e dificultades diarias que atopa e tamén incidiu na importancia do apoderamento das persoas con discapacidade.