Remata con éxito o programa de rehabilitación para persoas con amputación impulsado por AGAPA

Remata con éxito o programa de rehabilitación para persoas con amputación impulsado por AGAPA

A Asociación de Amputados de Galicia (AGAPA), entidade membro de COGAMI, rematou o programa de rehabilitación para persoas con amputación e fíxoo con satisfacción das persoas que usuarias que recibiron as sesións rehabilitadoras.

Financiado nun 70% pola Deputación da Coruña cun orzamento de 4.830,84 euros, este  programa ten como obxectivo soster unha rede de apoio á autonomía persoal das persoas amputadas que carecen deste servizo especializado a través da sanidade pública, ademais de escasear de suficientes profesionais na rama sociosanitaria con especialización neste ámbito.

Este programa desenvolveuse durante este ano 2023 na provincia da Coruña, coa intención de cubrir unha necesidade detectada pola entidade, a de fomentar a autonomía persoal das persoas con amputacións que viven en zonas do rural. 

Este é o cartel que utilizou a entidade para difundir a actividade entre todas as súas persoas asociadas.