O servizo de apoio dirixido a promocionar a autonomía de persoas con amputacións que leva a cabo a Asociación de Amputados de Galicia (AGAPA), entidade membro de COGAMI, desenvolveuse en sete clínicas dos concellos de Pontevedra, Lugo e Santiago.
Financiado por Fundación ONCE cun orzamento de 4.000 euros, este programa ten como obxectivo soster unha rede de apoio á autonomía persoal das persoas amputadas que carecen deste servizo especializado a través da sanidade pública, ademais de escasear de suficientes profesionais na rama sociosanitaria con especialización neste ámbito.
Este é o cartel que utilizou a entidade para difundir a actividade entre todas as súas persoas asociadas.