• Novas
  • 27 de noviembre de 2020

20 proxectos de COGAMI e entidades membro son financiados por Fundación ONCE a través da convocatoria do Plan de Prioridades

20 proxectos de COGAMI e entidades membro son financiados por Fundación ONCE a través da convocatoria do Plan de Prioridades

Aprobados un total de 20 proxectos presentados neste ano por COGAMI e as súas entidades membro á convocatoria de subvencións de COCEMFE, entidade que ten un acordo coa Fundación ONCE para executar o Plan de Prioridades e acometer actuacións necesarias para a inclusión de persoas con discapacidade. Por un valor de investimento total de 294.566,25 euros, foi posible desenvolver programas de atención á autonomía persoal, de inversións en centros e en vehículos para o transporte colectivo.

Dentro dos programas aprobados nesta convocatoria están: o presentado pola asociación ACADAR para sensibilizar sobre a linguaxe inclusiva; o servizo de atención integral a persoas con enfermidade inflamatoria intestinal de ACCU; o proxecto Comunica de ACEM Compostela; o servizo de fisioterapia da entidade ADAPTA; a compra dun vehículo adaptado para ADISBISMUR; a renovación da plataforma salvaescaleiras do centro de día de AGORA ademais do servizo de atención de ALCER Coruña e o de terapia ocupacional con impresión 3D de ÁMBAR.

Outros dos proxectos levados a cabo a través da financiación do Plan de Prioridades durante este anos 2020 foron: o servizo de promoción da autonomía persoal a persoas con amputacións da asociación ANDADE; a vivenda tutelada de AVANTE; o servizo de atención integral da promoción da autonomía persoal do centro de recursos de COGAMI en Lugo e as obras de mantemento no centro de recursos de Medelo; o proxecto de vida independente de AODEM; o servizo de orientación e apoio a persoas con esclerose múltiple de AVEMPO; o servizo de información e atención psicosocial de ASEARPO;  o programa de autonomía persoal para persoas con fibrose quística de AGFQ; o programa de atención de ALCER Pontevedra; o programa de vida autónoma e independente de ASEM Galicia; o servizo de fisioterapia especializada a persoas con linfedema e lipedema de AGL e o programa de autonomía persoal e vida independente de INTEGRO.