• Novas
  • 29 de octubre de 2021

A asociación A Mariña COGAMI desenvolve un obradoiro de actividades asistenciais da vida diaria no Concello de Barreiros

A asociación A Mariña COGAMI desenvolve un obradoiro de actividades asistenciais da vida diaria no Concello de Barreiros

A alcaldesa do Concello de Barreiros, Ana Ermida, e a presidenta da Asociación de Persoas con Discapacidade A Mariña – COGAMI, Emma Camaño, asinaron un  convenio para a realización de obradoiros dirixidos a persoas con discapacidade da contorna, co fin de mellorar a súa autonomía persoal.

Segundo explicou a Alcaldesa, “estes talleres son de suma importancia para lograr a integración das persoas se poden iniciar desde o mesmo momento en que se produce a volta a certa normalidade”.

Pola súa parte, para a Presidenta de A Mariña COGAMI estes obradoiros de actividades asistenciais da vida diaria “pretenden promover a autonomía persoal no medio rural contando con actuacións específicas dirixidas ás persoas con discapacidade, tendo en conta a situación da contorna onde se desenvolve persoal e socialmente co gallo de conseguir o máis completo desenvolvemento do seu potencial físico, psicolóxico e social, consonte aos seus desexos e plans de vida.”