A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) remata no mes de setembro o programa ‘Empleabilízate’, no que participaron 17 mulleres de Ferrol, Narón, Mugardos, Fene e Ares.
Financiado cos fondos do 0,7 % do IRPF de cando as persoas contribuíntes indican a casiña X Solidaria ao facer a declaración da renda, e que dende hai dous anos xestiona a Xunta de Galicia, este programa ten como finalidade potenciar as capacidades e recursos para o desenvolvemento integral das mulleres con discapacidade de Ferrol e concellos limítrofes, favorecendo o seu empoderamento e previndo posibles situacións de exclusión social.
Iniciado durante o mes de abril, este programa ‘Empleabilízate’ tiña como finalidade mellorar a calidade de vida, a autonomía persoal e a inclusión social e laboral das mulleres con discapacidade de Ferrol e comarca.