• Novas
  • 15 de mayo de 2023

A asociación AGORA renova equipamento informático que lle permitirá ofrecer terapias actualizadas

A asociación AGORA renova equipamento informático que lle permitirá ofrecer terapias actualizadas

Co fin de mellorar os seus programas e servizos, a Asociación AGORA de Persoas con Discapacidade da Comarca de Lemos acaba de renovar o equipamento informático que empregan as persoas profesionais no seu traballo coas persoas usuarias, así como o equipamento dixital que permitirá experimentar novas terapias.

A entidade confirmou a adquisición de varios ordenadores de sobremesa, 2 armarios para almacenaxe, unhas gafas de realidade virtual, unha pizarra dixital e unha vídeo consola, equipamento novidoso que permitirá promover novas formas de atender ás persoas e terapias. 

Para a adquisición de este equipamento, a Asociación AGORA contou cun orzamento de 8.828,89 € que proceden do 0,7% do IRPF a través de todas as persoas contribuíntes que marcaron o recadro 106 de Actividades de Interese Xeral para Fins de Carácter Social, máis coñecida por X Solidaria, que xestiona a Xunta de Galicia

O uso de novas tecnoloxías permite explorar e experimentar formas de atención e participación social máis actualizadas e o deseño de terapias que complementen o traballo do equipo de profesionais que forman parte da entidade. Con este novo equipamento, poderanse traballar terapias específicas de xeito transversal nas áreas de psicoloxía, fisioterapia, traballo social e logopedia. A través da realidade virtual, dende AGORA promoverase ademais a participación e interacción nas actividades.