• Novas
  • 27 de octubre de 2020

A asociación Algaria reparte material de protección entre as persoas usuarias da entidade

A asociación Algaria reparte material de protección entre as persoas usuarias da entidade

A Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca da Limia (Algaria) fixo entrega de material de protección ante o COVID-19 entre as vinte e cinco persoas asociadas que ten a entidade. A cada unha delas repartíuselles máscaras de protección da tipoloxía FP2 e xeles hidroalcohólicos.

Este material preventivo foi financiado polo concello de Xinzo de Limia a través da liña de Subvención Nominativa. Co orzamento acadado pola entidade Algaria, puideron adquirirse un total de 275 máscaras protectoras e 50 unidades de xel, un material que recolleron neste mes de outubro, pero que tamén se fixo entrega no pasado mes de xuño.

Quen tamén doou máscaras cirúrxicas ao seu movemento asociativo foi a Federación Discafis COGAMI de Ourense, da que Algaria forma parte. A entrega deste material é para que poidan usar as persoas usuarias durante as actividades que realizan as entidades, se ben Algaria tivo que reducilas ao mínimo por mor da situación actual que estamos vivindo.